RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo insiste en "defender mellor, deixar a portería a cero e a partir de aí medrar"

DÉPOR FABRIL · 27 NOVEMBRO 2026

MANUEL PABLO INSISTE EN "DEFENDER MELLOR, DEIXAR A PORTERÍA A CERO E A PARTIR DE AÍ MEDRAR"

Manuel Pablo advirte de que o Unionistas de Salamanca CF, rival este sábado 27 de novembro ás 16:30 (Fan Play TV) no Estadio Reina Sofía, "é un equipo con xente de calidade, sobre todo do medio campo para arriba, pero ten o mesmo problema ca nós: estamos entre os 3 equipos que máis goles encaixan".Por iso, insiste en "defender mellor, deixar a portaría a cero e a partir de aí medrar".O técnico fabrilista confesa estar "preocupado porque se repite o do balón parado. Volvemos encaixar 2 goles. Sempre estamos a buscar solucións. Ás veces é unha cuestión mental, porque agora mesmo temos esa preocupación que antes non tiñamos. Estamos máis pendentes de que non nos rematen ca de despexar o balón".Quere que "haxa máis responsabilidade e máis tensión, e que saibamos defender esas situacións".Finalmente Manuel Pablo lembra que "hai cousas que estamos a facer moi ben e hai cousas que, sobre todo na faceta defensiva, estamos a facer mal. Estamos a intentar corrixilas e a poñer máis énfase no traballo defensivo nos adestramentos. Temos que seguir competindo. Non podemos quedar só co que pasou".

Real Club Deportivo de A Coruña