
DÉPOR FABRIL · 27 NOVEMBRO 2026
EL FABRIL VISITA ESTE SÁBADO 28 ÁS 16:30 AO UNIONISTAS DE SALAMANCA CF NUN PARTIDO ENTRE DOUS EQUIPOS QUE "ESTAMOS A SUFRIR EN DEFENSA"
O Fabril visita este sábado 28 de novembro ao Unionistas de Salamanca CF no partido correspondente á 14ª xornada da Primera Federación.O encontro comezará ás 16:30 (Fan Play TV) no Estadio Reina Sofía.O conxunto salmantino estrea adestrador: Óscar Gilsanz, exadestrador do Xuvenil A, do Fabril e do Dépor."É unha noticia que nos sorprendeu. Son cousas do fútbol, que cadrase xusto este partido. El coñécenos e nós coñecémolo a el", declarou ao respecto Manuel Pablo.O filial chega ao encontro con 13 puntos na 17ª posición, os mesmos que o Unionistas (18º).O adestrador fabrilista admite que "somos dous equipos que estamos a sufrir sobre todo en defensa e temos que arranxar ese problema".

Manuel Pablo asegura que o empate da pasada xornada ante o equipo estremeño despois de ir gañando 3-1 "afecta cando afecta, que é no momento. Estamos a intentar sacar cousas positivas, que as hai. Estamos a facer moitas cousas ben. Non nos podemos durmir. E temos que seguir competindo, seguir mellorando nesas situacións de xogo directo, atacar máis o balón e non deixar que baixen eses balóns".Explica o adestrador fabrilista que de baixa "seguen máis ou menos os mesmos: Manu Ferreiro, Jairo, Vergara, Dani Estévez, Domínguez pode ser..." e subliña que "o que máis preto está de volver é Dipanda, ao que xa só lle quedan un par de semanas".Así mesmo, afirma sobre Damián Canedo que "a previsión é que teña ficha. De feito, hai unha libre que pode ocupar no mercado de inverno. Está a adestrar con normalidade. Leva 3 ou 4 semanas na dinámica do grupo sen ningún problema".E sobre Manu Ferreiro, Manuel Pablo desvela que "non vai estar dispoñible nas próximas semanas. Vai ser máis longo, un ou dous meses".Pola súa banda, o Unionistas de Salamanca CF gañou esta temporada no seu campo ao UD Ourense (3-1), á Cultural Leonesa (2-0), ao Athletic Club B (2-1) e ao Zamora CF (1-0); e perdeu ante o CD Lugo (1-3) e o Real Unión (2-4).Son baixa por lesión Álex Gil, Hugo de Bustos e Dani González.

Óscar Gilsanz, na súa presentación esta mesma semana como novo adestrador, afirma que "Unionistas é un club moi atractivo para os profesionais. Xogar no Reina Sofía é inesquecible".O novo técnico do conxunto salmantino indica que "o traballo consiste en dar 4 pinceladas sobre o que queres que se faga"; mentres que do Fabril confesa "coñecelo ben, loxicamente, pero eles tamén me coñecen ben a min. É un equipo moi dinámico, o que máis posesión de balón ten no grupo. Iso faiche ver que haberá momentos do partido nos que o rival teña o balón e teremos que estar moi ben axustados para defender".

Michi Apóstol foi titular con Venezuela no amigable contra Fr...

Este sábado 28 de novembro en Canberra, primeiro partido de C...

Manuel Pablo insiste en "defender mellor, deixar a portería a...

Antonio Hidalgo admite "a ilusión de ir con todo, loitar e co...

Balón parado e repaso táctico nun Dépor que recupera a Eddahc...

O RC Deportivo celebrará o seu 120 aniversario cunha gran fes...