RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Balón parado e repaso táctico nun Dépor que recupera a Eddahchouri, "preparado para ir convocado"

DÉPOR · 27 NOVEMBRO 2026

BALÓN PARADO E REPASO TÁCTICO NUN DÉPOR QUE RECUPERA A EDDAHCHOURI, "PREPARADO PARA IR CONVOCADO"

O Dépor incidiu este venres 27 de novembro nas accións a balón parado de cara ao encontro deste domingo 29 de novembro ás 16:15 (Dazn) ante o FC Barcelona en ABANCA-RIAZOR.Un exercicio táctico e uns rondos completaron a xornada, que comezou na sala de vídeo."Intentamos explicarlles aos xogadores onde cremos que lles podemos facer dano. Tamén lles explicamos as virtudes do rival, onde nos poden facer dano eles a nós. A partir de aí, traballámolo e agardamos que se dean máis situacións das que preparamos nós ca das que prepararon eles", comentou Antonio Hidalgo.Todo o cadro de xogadores estivo sobre o céspede agás Bright Ede, que realizou traballo personalizado.

bil1127.jpg

O adestrador branquiazul, na sala de prensa, confirmou que o proceso de recuperación de Zakaria Eddahchouri "foi longo para el. Por unha situación rocambolesca tivo que estar moito tempo fóra. Adestrou con normalidade toda a semana. Non é o mesmo unha lesión na man ca unha muscular. Está ben e preparado para entrar na convocatoria".Pola contra, sobre o central polaco, o técnico deportivista admite que "está a evolucionar máis amodo do que podiamos agardar. Imos con algo máis de cautela polas malas sensacións que tivo ao volver. Seguimos con esa precaución".O Dépor completará este sábado 28 de novembro a partir das 10:30 no Dépor Training Center a última sesión de adestramento antes do choque ante os azulgrana.

lucasnoubi1127.jpg