RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo admite "a ilusión de ir con todo, loitar e competir con todo ao máximo nivel"

DÉPOR · 27 NOVEMBRO 2026

ANTONIO HIDALGO ADMITE "A ILUSIÓN DE IR CON TODO, LOITAR E COMPETIR CON TODO AO MÁXIMO NIVEL"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que, ante o FC Barcelona este domingo 29 de novembro ás 16:15 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR, "temos que estar moi acertados en todos os sentidos e xogar con moitísima concentración. É un día para non desesperar. Seguramente é un dos mellores equipos do mundo".Pide "estar moi ben colocados co balón, intentar facerlles dano sabendo que todos os equipos teñen puntos débiles; e facelo con ilusión, con ganas de que chegue o partido, tamén ante ANOSAFORZA, que o vai poder gozar despois de moito tempo".O técnico deportivista advirte que "imos ter que sufrir moito sen balón, manter o bloque compacto e saber cando podemos saír rápido para facerlles dano. Tes que ter o balón por momentos en campo contrario, ter personalidade e movelo dun lado ao outro".Insiste en que "sempre saes coa convicción de competir. En Primera División todo está igualado. Cando veñen equipos deste nivel, hai que ser conscientes da dificultade e manter sempre a ilusión de ir con todo, de loitar e de competir ao máximo nivel. Será un partido de moita tensión e hai que competilo tamén ao máximo".Finalmente, Antonio Hidalgo lembra que "despois de moitísimo tempo fóra da Primera División, fomos quen de volver e de estar no sitio que merece o Dépor. Temos que ter as cousas claras. O noso obxectivo principal é manter a categoría. É o que nos marcamos a comezos de ano".

Real Club Deportivo de A Coruña