RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Michi Apóstol foi titular con Venezuela no amigable contra Francia

DÉPOR ABANCA · 27 NOVEMBRO 2026

MICHI APÓSTOL FOI TITULAR CON VENEZUELA NO AMIGABLE CONTRA FRANCIA

Foto: Vinotinto FemeninaMichi Apóstol está concentrada coa súa selección para disputar 3 partidos amigables nesta xanela de seleccións, un deles en ABANCA-RIAZOR.O primeiro foi este venres 27 de novembro ante Francia no Stade Marcel Picot da cidade francesa de Nancy.A futbolista do Dépor ABANCA foi titular nun encontro que acabou coa derrota da 'Vinotinto Femenina' por 4-2.Lourdes Moreno substituíuna no minuto 87.A seguinte cita para Michi Apóstol e Venezuela será tamén en Francia, concretamente no Stade Walter Luzi de París, ante Marrocos, o martes 1 de decembro ás 20:00 horas.O calendario de partidos de Michi Apóstol, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Venres 27 de novembroFRANCIA 4 - VENEZUELA 2Martes 1 de decembro20:00: MARROCOS - VENEZUELA, no Stade Walter Luzi de ParísVenres 4 de decembro21:00: ESPAÑA - VENEZUELA, no Estadio ABANCA-RIAZORMichi Apóstol leva ata o momento 11 partidos disputados na Liga F, 3 deles como titular.