
· 27 NOVEMBRO 2026
O RC DEPORTIVO CELEBRARÁ O SEU 120 ANIVERSARIO CUNHA GRAN FESTA EN ABANCA-RIAZOR O VINDEIRO 8 DE DECEMBRO
O RC Deportivo celebrará o vindeiro 8 de decembro, no Estadio ABANCA-RIAZOR, unha gran festa con motivo do seu 120.º aniversario. Unha xornada especial pensada para reunir a toda a familia deportivista e conmemorar máis dun século de historia, paixón e sentimento branquiazul.A celebración comezará pola mañá coa final do torneo de afeccionados, que dará paso a un día para compartir, gozar e celebrar o orgullo de formar parte do deportivismo.Un dos grandes momentos da xornada será o encontro entre as Lendas do RC Deportivo e un equipo de veteranos do Real Madrid, que permitirá volver ver sobre o terreo de xogo algúns dos futbolistas que marcaron distintas épocas da historia do fútbol. Un partido cun significado especial, que servirá tamén para lembrar algúns dos grandes capítulos do pasado blanquiazul e evocar a histórica final da Copa del Rey de 2002.O programa incluirá tamén unha homenaxe aos actuais cadros de xogadores e xogadoras do RC Deportivo e a todas as xeracións de futbolistas, técnicos e profesionais que contribuíron a construír a identidade e o patrimonio deportivo do Club ao longo destes 120 anos.A música tamén será protagonista, con distintas actuacións ao longo da xornada e moitas sorpresas para facer da celebración un encontro especial para deportivistas de todas as idades.Entradas xa á vendaAs entradas para asistir a esta celebración xa están á venda nesta ligazón. As persoas abonadas do RC Deportivo poderán acceder de balde, pero deberán retirar antes a súa invitación.Para o resto do público, as entradas custarán 5 euros.Pola súa banda, os socios de ouro do Club poderán retirar a súa entrada de xeito presencial na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) ou facelo online.O vindeiro 8 de decembro, o Estadio ABANCA-RIAZOR será o punto de encontro de varias xeracións de deportivistas para celebrar 120 anos de historia e un sentimento que segue a pasar de xeración en xeración: o orgullo de ser do Dépor.

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, con descanso esta fin d...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Fin a unha semana de traballo pero sin competición do Dépor A...

Esixente primeira proba para Michi Apóstol nesta xanela de se...

Aubameyang pide ante o FC Barcelona "xogar sen complexos, cre...

O Dépor ABANCA recibirá o Athletic Club nos oitavos de final ...