
DÉPOR · 26 NOVEMBRO 2026
AUBAMEYANG PIDE ANTE O FC BARCELONA "XOGAR SEN COMPLEXOS, CRER EN NÓS E TER HUMILDADE PARA FACER OS ESFORZOS"
Pierre-Emerick Aubameyang subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que este domingo 29 de marzo ás 16:15 (Dazn) ante o FC Barcelona en ABANCA-RIAZOR "temos que dalo todo. Como fixemos desde o comezo da temporada, xogar sen complexos, crer en nós porque temos un bo equipo e ter a humildade de facer os esforzos".Ademais, o dianteiro deportivista advirte que "contra estes equipos, se cometes erros, mátante. Iso sabémolo. Pero tamén sabemos que hai oportunidades. Ao Barça gústalle presionar moi arriba, así que tamén imos ter espazos. E temos que aproveitalos".Do FC Barcelona destaca a Pedri: "É un futbolista co que xoguei. Dáche pase e ritmo. É o xogador do Barça que máis me impresiona".'Auba' recalca que "son un xogador que aproveita os espazos. Se estamos concentrados e cometemos poucos erros co balón, imos ter opcións para facerlles dano".Confesa que lembra o seu paso polo Barça porque "a xente me fala diso, pero para min non é especial. É un partido contra un dos mellores e xa está".Está convencido de que "ABANCA-RIAZOR vai estar cheo. Que a xente empurre coma sempre, porque estes partidos tamén se xogan coa afección. Cando vas presionar, cando vas defender, o apoio da afección dáche a enerxía que precisas para facelo ata o minuto 90 ou 95".Finalmente confesa que a derrota en Vitoria ante o Deportivo Alavés "molestounos a todos porque xogamos un partido sen gañar duelos. E iso é o que máis doe, porque podes perder, pero tes que dalo todo".

Fin a unha semana de traballo pero sin competición do Dépor A...

Esixente primeira proba para Michi Apóstol nesta xanela de se...

O Dépor ABANCA recibirá o Athletic Club nos oitavos de final ...

Ensaio xeral no campo 2 do Dépor Training Center para recibir...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co Fabril o sábado 2...

O Fabril mídese ao CD Mirandés en Anduva o sábado 12 de decem...