RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fin a unha semana de traballo pero sin competición do Dépor ABANCA, agora con descanso ata o luns 30 de novembro

DÉPOR ABANCA · 26 NOVEMBRO 2026

FIN A UNHA SEMANA DE TRABALLO PERO SIN COMPETICIÓN DO DÉPOR ABANCA, AGORA CON DESCANSO ATA O LUNS 30 DE NOVEMBRO

Cun último adestramento este xoves 26 de novembro no Dépor Training Center, o Dépor ABANCA pechou esta semana sen competición por mor dos compromisos das seleccións nacionais.Alberto Rodríguez contou nestes días de adestramento con todas as súas futbolistas agás as internacionais Sofía Domínguez, Michi Apóstol e Daniela Caracas.O cadro de xogadoras descansará este venres 27, o sábado 28 e o domingo 29 de novembro.As Nosas volverán adestrarse o luns 30 de novembro ás 11:00 no Dépor Training Center para iniciar outra semana sen competición ligueira, xa que o vindeiro partido será o mércores 9 de decembro ás 18:00 no campo Arsenio Iglesias ante a Real Sociedad e retransmitirase en directo por Dazn, Teledeporte e RTVE Play.