RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Ensaio xeral no campo 2 do Dépor Training Center para recibir ao FC Barcelona e "dar o máximo"

DÉPOR · 26 NOVEMBRO 2026

ENSAIO XERAL NO CAMPO 2 DO DÉPOR TRAINING CENTER PARA RECIBIR AO FC BARCELONA E "DAR O MÁXIMO"

O Dépor realizou este xoves 26 de novembro un ensaio xeral de cara ao encontro ante o FC Barcelona deste domingo 29 de novembro ás 16:15 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR.Para iso, Antonio Hidalgo programou como tarefa principal un partido de 11 contra 11 no campo 2 do Dépor Training Center, no que deu instrucións constantes aos seus futbolistas.Pierre-Emerick Aubameyang afirmou en rolda de prensa que espera "algo máis ca no último partido", en referencia á derrota en Mendizorroza ante o Deportivo Alavés.O dianteiro deportivista pide "loitar, dar o máximo e despois xa veremos como vai o partido".

auba1126.jpg

'Auba' é consciente de que "non vai ser fácil, pero nestes partidos non precisas moita concentración porque xa sabes que xogas contra un dos mellores equipos do mundo. Sei que os rapaces van estar listos para este partido e eu tamén".A sesión arrancou cunha activación e un exercicio de posesión con portarías.Noé foi o representante de ANOSACANTEIRA.Os Nosos adestraranse de novo este venres 27 de novembro a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

  • gimenez1126.jpg
  • german1126.jpg
  • ferllo1126.jpg
  • luismi1126.jpg
  • mariosoriano1126.jpg