RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A canteirá Marta Rico e o RC Deportivo alzan a voz no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

DÉPOR · 25 NOVEMBRO 2026

A CANTEIRÁ MARTA RICO E O RC DEPORTIVO ALZAN A VOZ NO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O RC Deportivo, representado pola canteirá e capitá do Dépor ABANCA B Marta Rico, alzou a voz este mércores 25 de xaneiro nun acto institucional celebrado no Frontón de Riazor polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.Acompañaron á futbolista branquiazul representantes doutras disciplinas como Cris Castillo, de Son do Mar; Fátima Rodríguez, de Agua Dragón Boat; Dolores Fernández, das Escolas Deportivas Municipais; María, do BM Brigantium; Verlo Loureiro, do Club Ciclista Coruñés; Maica Martí, do CRAT; Tania Alvite e Andrea Rivas, do CV Zalaeta; Yolanda González, da Federación Galega de Atletismo; e Nuria Rodríguez, presidenta da Federación Galega de Salvamento.No acto procedeuse á lectura dun manifesto a cargo da alcaldesa, Inés Rey; da concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa; e das concelleiras Avia Veira e Susana Catalán.O manifesto destacou o papel do deporte como ferramenta educativa e de transformación social, e reivindicáronse espazos deportivos libres de estereotipos e de machismo, nos que mulleres e nenas poidan xogar, competir, adestrar, dirixir e gozar en igualdade.

25ndepor1125.png

O RC Deportivo lanza unha mensaxe de compromiso fronte á violencia de xéneroPola súa parte, o RC Deportivo quere lanzar unha vez máis neste 25N "unha mensaxe de compromiso fronte á violencia de xénero".Sostén que o fútbol "ten unha importante responsabilidade na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria".Finalmente, o Club reafirma o seu compromiso "coa igualdade, a liberdade e a construción dun deporte e dunha sociedade libre da violencia contra as mulleres".

25N-2026_IG-2.png