RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Zakaria Eddahchouri completa por primeira vez todo o adestramento co grupo este mércores 25 no Dépor Training Center

DÉPOR · 25 NOVEMBRO 2026

ZAKARIA EDDAHCHOURI COMPLETA POR PRIMEIRA VEZ TODO O ADESTRAMENTO CO GRUPO ESTE MÉRCORES 25 NO DÉPOR TRAINING CENTER

Zakaria Eddahchouri foi o protagonista este mércores 25 de novembro no Dépor Training Center.O dianteiro holandés, por primeira vez desde a súa lesión nun pulso, completou con normalidade todo o adestramento co grupo.Así pois, 'Zaka' entra na conta atrás para o seu regreso á competición.O único futbolista que non fai todas as tarefas é Bright Ede, que si está co resto dos seus compañeiros na activación e logo continúa co readaptador Nando Rodríguez.E con Eddahchouri o Dépor acelera a preparación do encontro ante o FC Barcelona deste domingo 29 de novembro ás 16:15 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR.Precisamente os dous equipos comparten unha virtude que pode ser decisiva na previa do seu enfrontamento, e é que ambos son os dous que mellor reaccionan cando empezan por detrás no marcador.O conxunto coruñés estivo perdendo en 8 partidos e conseguiu rescatar puntos en 4 deles (Villarreal, o Getafe, o Betis e Osasuna).Neses encontros, o RC Deportivo demostrou que sabe manterse no partido e aproveitar as súas oportunidades para evitar a derrota.O Barça, con todo, presenta un balance aínda mellor. O conxunto que dirixe Hansi Flick estivo por detrás en 5 encontros e puntuou en 4, todos eles con vitoria. Iso supón un 80 % de partidos remontados e sitúao por riba do Dépor nesta estatística.Os números debuxan un duelo entre 2 equipos con capacidade para responder á adversidade, mesmo cando o marcador se complica.O corpo técnico dispuxo esta chuviosa mañá no Dépor Training Center unha activación con rondos, un traballo táctico e fútbol reducido, de alta intensidade.Noé foi o representante de ANOSACANTEIRA.Este xoves 26, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.