RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Definidos os equipos participantes no torneo de afeccionados co gallo do 120 aniversario do RC Deportivo

DÉPOR · 25 NOVEMBRO 2026

DEFINIDOS OS EQUIPOS PARTICIPANTES NO TORNEO DE AFECCIONADOS CO GALLO DO 120 ANIVERSARIO DO RC DEPORTIVO

O RC Deportivo quere agradecer a todos os afeccionados o interese e a resposta recibida ante a convocatoria do torneo de afeccionados organizado co gallo do 120 aniversario do Club.A excelente acollida da iniciativa confirma, unha vez máis, o compromiso e a implicación da afección deportivista coas actividades que forman parte desta celebración tan especial.O Club lamenta non poder atender todas as solicitudes de participación recibidas. A capacidade organizativa e as características do torneo obrigaron a limitar a inscrición a un máximo de 12 equipos, polo que non foi posible dar cabida a todos os interesados.Desde o RC Deportivo queremos trasladar as nosas desculpas a aquelas persoas que, malia o seu interese, non puideron formar parte desta edición, así como reiterar o noso agradecemento a todos os que quixeron sumarse a esta iniciativa.Este torneo nace coa vontade de celebrar os 120 anos de historia do Deportivo tamén desde o terreo de xogo, compartindo unha xornada de convivencia, deporte e deportivismo arredor das cores e do sentimento que nos une.Os 12 equipos nesta edición son os seguintes: Centenariazo, Los Coleguitas, Garimbeiros FC, Inter Cabritinhas, Gozadores, Nopno FC, UDJ Almeiras, Maravillas W, Los Suaves RCD, TW Guísamo, Herdeiros do Raposo e Mozzadinho.Todos eles terán a oportunidade de compartir fútbol, convivencia e deportivismo no marco das actividades conmemorativas do 120 aniversario do RC Deportivo.Aos equipos participantes, parabéns e vémonos moi pronto no céspede!Forza Dépor!