
FUNDACIÓN · 25 NOVEMBRO 2026
O RC DEPORTIVO COMPARTE SOLIDARIEDADE E ILUSIÓN CUNHA RECOLLIDA DE ALIMENTOS ESTE VENRES 27 E SÁBADO 28 NO DÉPOR MUSEO & TOUR
A RC Deportivo Fundación, en colaboración co Banco de Alimentos, pon en marcha unha iniciativa solidaria para que a familia deportivista volva demostrar que o seu compromiso vai moito máis alá do terreo de xogo.Co Nadal ás portas, o club invita a ANOSAFORZA a participar nunha recollida de alimentos non perecedoiros destinada a axudar a quen máis o necesita, tales como conservas, pasta, arroz, legumes, leite, aceite, galletas, cereais, leite en po, café, cacao soluble...Cada achega conta. Cada xesto, por pequeno que pareza, pode converterse nunha axuda importante para moitas familias.O sentimento branquiazul tamén se expresa compartindo, coidando e estando preto de quen atravesa momentos difíciles.A recollida terá lugar na 'Sala Branca' do Dépor Museo & Tour, nos seguintes horarios:-Venres 27 de novembro: de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas.-Sábado 28 de novembro: de 10:30 a 13:30 horas.Ademais, entre todas as persoas que participen sortearase unha entrada dobre para o partido entre o Dépor e o FC Barcelona, que se disputará o domingo 29 de novembro ás 16:15 horas en ABANCA-RIAZOR.Unha oportunidade para unir solidariedade e deportivismo, e para lembrar que hai vitorias que comezan moito antes de que rode o balón.Este Nadal, o RC Deportivo quere volver demostrar que a súa maior forza está tamén na súa xente.Ser do Dépor é compartir. E xuntos, podemos axudar a que estas datas sexan un pouco mellores para todos.¡Forza Dépor!

Zakaria Eddahchouri completa por primeira vez todo o adestram...

Definidos os equipos participantes no torneo de afeccionados ...

O partido de Copa ante o Club Portugalete, fixado para o mérc...

Un Dépor "en alerta" regresa ao traballo para, ante o Barça, ...

Longo desprazamento de máis de 35.000 quilómetros de Daniela ...

Alemaña e Uruguai serán os rivais de Sofía Domínguez en dous ...