RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante o Real Racing Club de Santander do sábado 5 de decembro ás 14:00 en El Sardinero

DÉPOR · 25 NOVEMBRO 2026

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ENTRADAS PARA O PARTIDO ANTE O REAL RACING CLUB DE SANTANDER DO SÁBADO 5 DE DECEMBRO ÁS 14:00 EN EL SARDINERO

O RC Deportivo abre o prazo de solicitude de entradas para o partido ante o Real Racing Club de Santander que se disputará o vindeiro sábado 5 de decembro ás 14:00 horas no campo de El Sardinero.Un total de 680 entradas poranse á disposición dos abonados e abonadas do RC Deportivo.O prezo de cada entrada será de 30 euros.As persoas abonadas interesadas poderán realizar a súa solicitude desde hoxe mércores 25 de novembro ata o luns 30 ás 09:00 horas, premendo nesta ligazón.Cada abonado ou abonada poderá solicitar un máximo de 2 entradas. A presentación da solicitude non garante a súa adxudicación.No caso de que o número de entradas solicitadas supere as 680 localidades dispoñibles, o RC Deportivo realizará un sorteo público, que será retransmitido en directo a través da canle oficial do Club en YouTube.A data e a hora do sorteo comunicaranse unha vez finalizado o prazo de solicitude.O Club informará directamente por correo electrónico as persoas solicitantes do resultado do proceso así como dos prazos para completar a compra e do procedemento de entrega das entradas.