
DÉPOR · 25 NOVEMBRO 2026
‘DÉPOR, VOA’ ESGOTA AS ENTRADAS PARA A SÚA SESIÓN DE ESTREA NOS CINES
O documental ‘Dépor, voa’, cuxo tráiler oficial podes ver ao pé da noticia, esgotou as entradas para a súa sesión de estrea en Cantones Cines, confirmando o interese e a expectación que espertou entre o deportivismo.Máis de 500 deportivistas xa adquiriron a súa entrada para gozar na gran pantalla dunha produción que percorre a transformación do RC Deportivo, a súa evolución como institución e o camiño emprendido nesta nova etapa.A resposta do público levou a Cantones Cines a ampliar a programación, incorporando novas proxeccións ata acadar un total de 6 sesións durante os últimos días do ano, co obxectivo de facilitar que máis afeccionados poidan descubrir e compartir esta historia.‘Dépor, voa’ chega así ás salas de cine co respaldo dunha afección que volve demostrar o seu compromiso e vinculación co Club.

O Fabril mídese ao CD Mirandés en Anduva o sábado 12 de decem...

A canteirá Marta Rico e o RC Deportivo alzan a voz no Día Int...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Athletic Club d...

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Zakaria Eddahchouri completa por primeira vez todo o adestram...

O RC Deportivo comparte solidariedade e ilusión cunha recolli...