RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O poderoso FC Barcelona, rival este domingo 29 dun Dépor que "gañou o dereito a competir contra os mellores da liga e mesmo do mundo"

DÉPOR · 28 NOVEMBRO 2026

O PODEROSO FC BARCELONA, RIVAL ESTE DOMINGO 29 DUN DÉPOR QUE "GAÑOU O DEREITO A COMPETIR CONTRA OS MELLORES DA LIGA E MESMO DO MUNDO"

O Dépor recibe o FC Barcelona este domingo 29 de novembro ás 16:15 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR, no partido correspondente á 14ª xornada da LaLiga EA Sports."Despois de moitísimo tempo gañamos o dereito a competir contra os mellores da liga española e mesmo do mundo", apuntou Antonio Hidalgo na rolda de prensa previa ao encontro.O técnico deportivista destaca ademais "a ilusión de que chegue o partido, de ver a ANOSAFORZA, de que encha ABANCA-RIAZOR e de que goce do encontro".Quere "competir con todo, estar sempre metidos no partido para poder plantarlles cara. Sabemos que é difícil, pero esa ilusión non nola vai quitar ninguén, porque a gañamos o ano pasado".Os Nosos, tras a derrota da pasada fin de semana en Mendizorroza, chegan con 15 puntos na 12ª posición.É baixa para o encontro Bright Ede, que continúa co seu proceso de recuperación.Esta mañá, o equipo completou a última sesión entre os campos 2 e 3 do Dépor Training Center. Tras unha activación, o corpo técnico programou un repaso das accións a balón parado, un exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido a alta intensidade.

porterosdepor1128.jpg

En fronte estará o FC Barcelona, líder da liga con 36 puntos.Lonxe do Camp Nou, os azulgrana contan os seus encontros por vitorias, moitas delas por goleada: Elche CF (0-5), Valencia CF (0-5), Levante UD (2-4), Sevilla FC (1-3), Real Betis (2-5) e Atlético de Madrid (1-2).Antonio Hidalgo salientou precisamente a media de 4 goles por partido e que "gañaron 11 partidos dos 12 que levamos. Perderon contra o Real Madrid e na Champions League contra o Paris Saint Germain. Iso dáche unha idea do nivel do rival que temos en fronte".Por iso, pide esa "dose de sufrimento e estou convencido de que os meus xogadores xa o teñen asimilado. A partir de aí, temos que ter as nosas armas para lles facer dano. Con ANOSAFORZA imos ser moito máis poderosos. E, a partir de aí, competir ao 100%".Hansi Flick non poderá contar con Fermín, sancionado pola súa expulsión no último encontro ante o Villarreal CF.

hansiflick.jpeg

Foto: FC BarcelonaO técnico culé subliñou na sala de prensa que "temos moita calidade no equipo. É importante que os xogadores estean frescos polo noso estilo de xogo. Temos que xestionar ben os seus minutos".Apunta tamén que "Marc Bernal está descartado, e Balde tamén. Porén, Rodrigo e Christensen adestraron, viaxan connosco e poderían xogar, igual ca Lamine Yamal".Ao rematar o encontro, Os Nosos volverán adestrarse o luns 30 de novembro a partir das 10:30 no Dépor Training Center para comezar unha semana na que tamén haberá Copa del Rey en Portugalete.

  • yeremay1128.jpg
  • amatucci1128.jpg
  • mella1128.jpg
  • danibarcia1128.jpg
  • casado1128.jpg