
DÉPOR FABRIL · 26 AGOSTO 2026
MANU SERRANO, NOVO REFORZO PARA O FABRIL
Manuel Serrano Salazar (Pinto, Madrid, 20 de marzo de 2004), coñecido futbolisticamente como Manu Serrano, incorpórase ao Fabril até xuño de 2028.O polivalente defensa branquiazul chega procedente da canteira do Real Madrid, onde completou 8 temporadas de formación e chegou a debutar co primeiro equipo a pasada campaña.A súa estrea co conxunto madridista tivo lugar no Estadio Santiago Bernabéu ante o Athletic Club, poñendo o broche a unha traxectoria de formación na canteira branca.A pasada temporada (2025-26), Manu Serrano disputou 20 encontros co Real Madrid Castilla en Primera Federación, nos que ademais deu 1 asistencia.O lateral madrileño, que tamén pode xogar de central zurdo como xa fixo hai poucas datas no amigable disputado contra o Fabril, acumulou ademais experiencia internacional ao participar en 20 partidos da UEFA Youth League.A súa etapa formativa en categoría xuvenil no club madrileño estivo ademais acompañada de títulos, con 2 Copas del Rey e 1 Copa de CampeonesInternacional con España nas categorías sub-16 e sub-18, Manu Serrano afronta agora unha nova etapa da súa carreira en A Coruña, onde se incorpora ao Fabril co obxectivo de seguir medrando e contribuír ao proxecto de #ANOSACANTEIRA.Benvido ao Dépor, Manu!

O RC Deportivo conformará unha mesa de diálogo con representa...

Os Nosos apuntan desde este xoves 27 de agosto ao Valencia CF

Mauro Valeiro xogou completo o partido de España sub-18 ante ...

Vitoria por 1-3 do Cadete este martes 25 en Carballo e calend...

Malick Ndiaye, cedido á UD Barbastro

Viaxe de regreso de Málaga e adestramento con máis carga para...