RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo leva a 25 futbolistas á xira inglesa

O Dépor viaxou esta tarde a Inglaterra para unha concentración de pretemporada en Londres con dous partidos amigables, este mércores 30 de xullo ante o Watford e o sábado 2 de agosto en Middlesbrough.

Antonio Hidalgo levou a 25 futbolistas, entre os que se atopa Jose Ángel, que xa se adestra co grupo após superar a súa lesión.

Queda en Abegondo Ximo Navarro, en recuperación das súas molestias musculares; ademais de Davo, Mfulu, Kevin Sáhchez, Guerrero e Hugo Ríos.

Pola súa banda, si son da partida os canteiráns Martín Ochoa, o xuvenil Samu e o fabrilista Damián Canedo.

O equipo adestrarase este mércores ás 10:30 (hora local, 11:30 hora galega) en The Lensbury, cuartel xeral do Dépor en Inglaterra. Pola tarde, 20:45 (hora galega, 19:45 hora local) agarda o Watford no primeiro amigable, retransmitido en directo pola canle de YouTube do RC Deportivo.