RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lista de 18 xogadores convocados para o partido de mañá sábado en Granada

  O Deportivo afronta o encontro de mañana sábado 5 de novembro en Granada (13.00 horas, Bein Sports) con 18 futbolistas. Cae por sanción Albentosa dunha lista á que regresan, con respecto ao partido do pasado luns ante a Val

No adestramento desta mañá, a porta pechada en Riazor, Garitano traballou movementos defensivos, ofensivos e accións a balón parado. Un partido dez para dez, ademais dun quecemento previo, completaron o adestramento sobre o céspede, xa con Joselu integrado no grupo.

Os convocados parten esta tarde a Granada, segundo este plan de viaxe:
 
Venres 4 de novembro
17.30: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Granada
19.15: Chegada aproximada a Granada e aloxamento no Hotel Meliá Granada
 
Sábado 5 de novembro de 2016
13.00: Granada - Deportivo nos Cármenes
Ao finalizar, comida no Hotel Meliá Granada
19.00: Saída do voo chárter de Granada con destino ao Aeroporto da Coruña.  
20.30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña
 
Tras o partido nos Cármenes, o próximo adestramento será o domingo ás 10.30 en Abegondo.