RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lois González: 'Caixanova salvou ao Celta, recibirá o Dépor a mesma medicamento?'

A página web coruñesista Torre de Artabria acaba de publicar un artícu de Lois González, no que se pregunta se Caixanova tratará igual ao Deportivo que no seu díá o Celta no momento de baixar a Segunda Divisi&oacu

"De súpeto un día espértasche….. e o teu mundo cambiou. No caso coruñés, o cambio non puido ser máis drástico, e tivo mesmo tinguiduras de conmoción. Un bo día levantámonos co Dépor en Segunda, e ao día seguinte con Carlos Negreira a piques de tomar o mando da nave municipal. A segunda das novidades é opinable de acordo coa ideoloxía do amable lector. A primeira resulta obviamente demoledora, como o foron algunhas das tramas coruñesas dos últimos meses, coa antiga Caixa Galicia como exemplo senlleiro da progresiva perda de poder da nosa cidade.

¿Que facemos agora? Desexar que o noso próximo Alcalde teña a maior das venturas, que o Dépor ascenda en 2012 e que os restos da banca coruñesa (léase Banco Pastor) queden a salvo de operacións pouco claras.

Fiemos o tres ideas co curioso aviso a navegantes de Augusto César Lendoiro días atrás, suxerindo que o Club non declararía concurso de acredores salvo que houbese intransixencia para o cobro da débeda. Esconde este comentario, en opinión do que subscribe, unha advertencia que non é baladí. Novacaixagalicia é un importante acredor, e pasou a ser controlada, gústenos ou non, desde a cidade do eterno rival. Unha das súas antecesoras, Caixanova, capitalizou no seu día a débeda que o Real Club Celta mantiña con ela, fíxose unha operación acordeón co capital social, e varias cousas que aparecen nas hemerotecas. Todo un exercicio de viguismo “”, que agora pagamos entre todos, deportivistas incluídos.

Quédanos ver se van pechar o lazo ao redor do noso pescozo e apertar ¿Vaise a defender A Coruña se iso ocorre?

A primeira defensa debe ser preventiva, e pasa por un encontro urxente entre os dous protagonistas do histórico fin de semana. Unha vez que tome posesión, a primeira reunión de Carlos Negreira ten que ser con Augusto César Lendoiro. Para inaugurar unha nova etapa da relación entre cidade e club. Para traballar conxuntamente naqueles aspectos en que houbo desencontros. Para dicirlle que os resortes do Concello están aí para apoiar ao Dépor. Para que se acabe o ninguneo da Xunta á entidade social máis importante de Galicia. E para que se garanta unha viabilidade financeira razoable desde unha Caixa que conta con moito aforro coruñés, e na que o Consistorio herculino coloca representantes nos seus máximos órganos.

Se estas cuestións non se garanten, podemos vernos abocados a unha repetición da 'envolvente do Caballero'. Antes de que nos deamos conta, podemos ver ao Celta xogando a Champions grazas ao financiamento que recibe…… con diñeiro coruñes."