RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Loito no deporte coruñés, que perdeu hoxe a Perico Villar, a alma do balonmán feminino

O Real Club Deportivo da Coruña S.A.D. quere sumarse á xornada de loito que vive este fin de semana o deporte coruñés, que perdeu hoxe a un dos seus grandes homes, Perico Villar, Presidente e alma máter do Balonmán Coruña feminino. Incansable traballador

Así mesmo, o fútbol modesto coruñés perdeu tamén a unha das súas figuras máis coñecidas e entrañables. Manuela López Morás, alcumada popularmente como "a señora Manola do Español", faleceu onte venres aos 91 anos de idade. A que fose durante moitos anos encargada do local do Ural e do Español será enterrada mañá domingo ás 13.00 horas no Cemiterio de Feáns. Antes, ás 12.30, terá lugar unha misa no mesmo Tanatorio.