RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Longo desprazamento do Dépor ABANCA a Andalucía

O Dépor ABANCA afrontará un longo desprazamento a fin de semana a Andalucía, de máis de 2.000 quilómetros entre ida e volta, con motivo da próxima cita en Primeira Federación FutFem, o domingo 15 de xaneiro ás 12:00 na Cidade Deportiva do Granada CF (Youtube: GranadaCFtv), en partido da 15ª xornada.

A ida, o sábado 14, será en avión a Sevilla e a continuación en autocar a Granada. O corpo técnico branquiazul decidiu que ese día non haxa traballo sobre o céspede.

O regreso será xa por estrada até A Coruña unha vez concluído o encontro ante as andaluzas.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Sábado 14 de xaneiro
11:50: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Sevilla
13:15 (horario aproximado): Chegada a Sevilla e viaxe en autocar a Granada
17:00 (horario aproximado): Chegada ao Hotel Abades Nevada Palace de Granada

Domingo 15 de xaneiro
12:00: Granada CF - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva do Granada CF (Youtube: GranadaCFtv)
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña