RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Os abonados xa poden retirar a súa invitación (obrigatoria) e unha entrada de acompañante para o Dépor ABANCA - Valencia Féminas CF en ABANCA-RIAZOR

Os abonados e abonadas ao Dépor ABANCA xa poden retirar a súa entrada (gratuíta e obrigatoria) e unha para acompañante unicamente en bancada.es para o partido ante a Valencia Féminas CF, correspondente á 17ª xornada da Liga F, do sábado 1 de febreiro ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR. 

En primeiro momento estarán dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.

As entradas de público están á venda online en bancada.es ao prezo único de 10 euros a partir do luns 27 de xaneiro ás 00:01.

Os abonados e abonadas que non adquirisen o suplemento do Dépor ABANCA (15 euros) poderán acudir á Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) para realizalo.

As persoas que non sexan abonadas ao RC Deportivo poden darse de alta na OAD como socio/a amigo/á o prezo de 50 euros e abonar o citado suplemento de 15 euros que lles permitirá asistir a todos os partidos en casa do Dépor ABANCA.

O horario da OAD é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.