RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lotina: O éxito deste equipo é este vestiario

Miguel Ángel Lotina manifestó esta mañana en rolda de prensa que o éxito do Deportivo, a catro puntos da liga de Campións e a dous dos postos de Copa da UEFA a falta de dúas xornadas para o final de Liga, é o vestiario: "C

O técnico vasco non casou hoxe de repetir na súa comparecencia ante os medios a palabra gañar no Estadio Sánchez Pizjuán. "Se gañamos, calquera dos resultados que se dean vainos a favorecer", opina Lotina, que ademais se congratulou de que o equipo chegará con opcións de estar en UEFA na última xornada de Liga, pase o que pase en Nervión".

Así mesmo, Lotina confesou que "en principio a miña idea é ver a Iván Pérez en pretemporada. Chéirame moi ben". O canteirán, por idade, xa non poderá estar no Fabril a próxima campaña. Tanto el como Juanan adéstranse agora mesmo co Deportivo. As dúas opcións que baralla o Club, segundo apunta o adestrador deportivista é "ou ben unha cesión ou que quede no primeiro persoal", tal e como se referiu no seu día a Alex Bergantiños, agora cedido no Xerez.

Aos poucos Miguel Anxo Lotina vai debullando o novo Deportivo. O equipo deberá estar o día 12 de xullo na Coruña para iniciar a pretemporada. Estas datas, iso si, poden depender da clasificación final, posto que o sexto clasificado, que entrará en UEFA, comezará a competir en Europa máis temperán que o resto.