RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: O vestiario sabe que con traballo se pode aspirar a obxectivos máis elevados

var ivPlayer962981 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer962981.playVideo('player962981', 'rp_lotina_24_11_09_abegondo.mpg', false

En canto á posibilidade de reforzar o equipo no mercado de inverno, que se abrirá o próximo mes de xaneiro, Lotina, do mesmo xeito que onte o Presidente Lendoiro, pediu prudencia: "Imos ver o que pasa nestas próximas semanas. É un tema que se falará". Iso si, foi máis contundente, a preguntas dun xornalista, o adestrador deportivista en canto ás posibles saídas a metade de Liga: "Por encima do meu cadáver", indicou chanceando respecto desta posibilidade, que nin sequera foi exposta polo Club. "Seguro que no verán chegarán ofertas moi importantes por varios xogadores", concluíu.

En canto ao adestramento desta mañá, Juan Domínguez foi baixa. O canteirán quedou no seu domicilio cun cadro gripal compatible coa Gripe A. Estará sen adestrar ata finais de semana. Tamén están á marxe Ze Castro, que traballou no ximnasio afectado dun forte catarro; e nin sequera puido vir esta mañá polo Mundo do Fútbol cunha faringo-amigdalite.

Mañá mércores, o equipo adestrarase ás 10.30 no Mundo do Fútbol.