RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Lotina, Ribeira e Eduardo Domínguez, un pasado conectado co Deportivo e coa Coruña

Juan Anxo Barros, actual Delegado do Deportivo e ex xuíz de liña con Raúl García de Louza, coincidiu con Lotina sendo este futbolista. Lembra Barros un partido de Primeira División nas Palmas entre o equipo amarelo e o Castelló a mediados do setenta. Loti

"Tiña case 40 de febre e pedíalle García de Louza que fose eu o que controlase o ataque do Castelló. Era o equipo peor clasificado e o lóxico era que atacase pouco. Pois van e os do Castelló gañan 1-4, Lotina marcou tres goles e eu anuleille outros dous", lembra Barros Botana.

Pola súa banda, José Luís Ribeira formou parte do mítico Superdépor que difundiu o deportivismo por toda España. A súa profesionalidade e bo facer valeulle que teña actualmente unha Pena Deportivista en Sada, a Pena Deportivista Ribeira de Sada, presidida por José Ramón Pena, actual Presidente da Federación de Penas. Nada máis chegar ao Mundo do Fútbol, fundiuse nun abrazo con Barros Botana e co utillero do primeiro equipo, Suso Méndez.

E por fin, Eduardo Domínguez tamén ten pasado na Coruña. Estudo INEF na Facultade de Ciencias do Deporte de Bastiagueiro. Ramón Barral, médico do Club, e José Ángel Franganillo, Preparador Físico do primeiro equipo, foron algúns dos seus profesores. Tamén xogou ao fútbol. Fíxoo no Sporting Sada de Terceira División, que por aquel entón estaba dirixido por Richard Moar, actual Director Deportivo do Real Club Deportivo.