RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas Pérez completa toda a sesión desta tarde co grupo

Lucas Pérez completou esta tarde toda a sesión co grupo, do mesmo xeito que onte xa o fixeran Luisinho e Fede Cartabia.

Adestráronse á marxe, co readaptador Fran Molano, Sidnei, Fede Valverde, Andone e Muntari.

Só se ausentáron os internacionais Celso Borges e Schär, con partidos internacionais esta noite con Costa Rica e Suíza respectivamente.

Após un quecemento no vestiario, Clarence Seedorf arrincou o traballo no campo 2 cun exercicio táctico, coa mente xa posta no partido ante o Atlético de Madrid deste domingo 1 de abril no Wanda Metropolitano (20:45, Bein LaLiga), correspondente á 30ª xornada en LaLiga Santander.

A continuación, os futbolistas branquiazuis realizaron varias tarefas técnicas e de finalización, sempre co balón polo medio.

Mañá mércores 28 de marzo, o cadro está citado de novo ás 18:00 en Abegondo.