RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Lucas Pérez e Henar acenderán a fogueira de San Xoán este domingo á medianoite na praia de Riazor

Os deportivistas Lucas Pérez e Henar, capitáns do primeiro equipo masculino e feminino, serán os encargados de acender este domingo 23 de xuño á medianoite a fogueira de San Xoán instalada na praia de Riazor.

Ante miles de persoas, ambos os futbolistas serán protagonistas dunha festa de interese turístico nacional e que congrega a miles de persoas na Coruña.

Este ano a fogueira de San Xoán recolle destacado o ascenso do Dépor a Segunda División e do Dépor ABANCA á liga F acompañado por suposto da famosa piña. A Torre de Hércules, que cumpre 15 anos como Patrimonio da Humanidade; o ascenso do Basquet Coruña á Liga Endesa; e a coruñesa Luisa Villalta, a quen se lle dedicou este ano o Día dás Letras Galegas completan esta fogueira que arderá no areal coruñés ante a euforia de miles de persoas.

/* Bot imbee */