RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas Pérez quere en Pasarón "repetir as sensacións que tivemos en ABANCA-RIAZOR porque iso nos vai a fortalecer, vai fortalecer ao míster coa idea"

Lucas Pérez manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que a chegada de Rubén de la Barrera supón "un cambio de aires. Pode ser que o necesitase o equipo. Veremos a ver que tal nos vai fóra de ABANCA-RIAZOR, que é o noso talón de Aquiles".

Asegura o dianteiro deportivista que o cadro "está con moitas ganas, con moita ilusión, como o estaba con Óscar, desexando conseguir o obxectivo".

Márcase como meta este sábado 27 de maio en Pontevedra (19:30, TVG-2, G24.gal e InSports.tv) "repetir outra vez as sensacións que tivemos en ABANCA-RIAZOR, porque iso nos vai a fortalecer, vai fortalecer ao míster coa idea. Chegar a un playoff con dous partidos gañados con novo adestrador axuda moito, tanto anímica como moralmente".

Da estrea de Rubén de la Barrera a pasada fin de semana ante o Algeciras CF queda con "a atmosfera que se creou con #ANOSAFORZA. É a que realmente necesitamos todos para poder vivir un playoff que vai ser duro".

Con liberdade para moverse no ataque do Dépor, desvela que "cando chegou o míster falámolo ese mesmo mércores ou o xoves. É unha posición na que tamén xoguei no Alavés con Javi Calleja, pelexando polo descenso. Sentínme moi a gusto, liberado. Sempre xoguei por detrás do punta ou un só punta. Vai dependendo tamén das circunstancias do partido. O outro día atopeime moi cómodo porque me dixo o que quería de min, o que necesitaba de min. Con Villares botándome unha man e con Trilli eramos as persoas encargadas de que o lado esquerdo do Algeciras CF non progresase. Fixemos un moi bo papel, un moi bo partido. Cada partido ten as súas diferenzas. Agora o míster estará a traballar outra cousa para afrontar o partido contra o Pontevedra CF, que terá as súas armas tamén".

Recalca que "todo o equipo e os xogadores individualmente teñen capacidade suficiente para poder adaptarse ao que pediu Óscar Cano no seu día, como ao que está a pedir Rubén de la Barrera nestes poucos días que leva aquí. Viuse reflectido contra o Algeciras CF, que adestrando só 3 días plasmáronse certas ideas que el quería ver. Loxicamente non poden saír todas porque é moi pouco tempo de adaptación, pero é bo que os xogadores nos coñezamos desde hai xa uns meses".

De feito, confesa que "ao míster, cando vemos algúns vídeos de accións do día do Algeciras, sorpréndelle que as teñamos tan mecanizadas".

Agradeceu o traballo de Óscar Cano e Elías Martí na súa etapa no banco de ABANCA-RIAZOR e a súa saída "son cousas onde non podes facer nada. Darlle as grazas desde aquí. Fóra de casa non lle saíron as cousas. Nós tentámolo. É triste que se teña que marchar un adestrador. Foi unha persoa que traballou moito, esforzouse, pero ás veces as cousas no mundo do fútbol non saen como un quere. Agora desexarlle toda a sorte do mundo e espero que consigamos o obxectivo tamén por eles. Vivín o día a día con eles e sei a clase de persoas que son e de adestradores".

Viu o pasado sábado a Trilli e Yeremay "moi ben. Lévoos vendo moi ben desde que cheguei ao equipo. Chegoulles a súa oportunidade e cando chega hai que aproveitala, agarrala. Están preparados e teñen que demostralo en cada adestramento e cada partido. A oportunidade chegoulles, aprovéitana e benvido sexa. Todos nos vemos beneficiados niso".

Despois de xogar o seu primeiro partido cunha máscara protectora, asume que "non é o mellor do mundo. Pero levando unha ou dúas semanas de adestramentos con ela voume adaptando. Éme incómoda porque non é o mesmo un partido, que che esixe estar máis atento a certos movementos do rival, como che vén a pelota ou ao posicionamento dos compañeiros. Prohíbeche algo de visibilidade en certos ángulos, pero contento con ela".

Tamén apunta que "me resultou algo incómodo pola suor porque se me ía caendo todo o intre. Despois apertábame. Xusto a semana de Linares non puiden ir co equipo porque o día que ma puxen fíxome dano e xusto ao ter a cicatriz preto de onde me pasan as gomas apertoume moito, me inflamou moito máis a cara e foime imposible. Non é o mellor do mundo, pero hai que levala por saúde e hai que seguir con ela. Agora Pontevedra outra vez e a ver se no playoff poderíase quitar. Teño que ver como me vai a fractura".

Preguntado por Quiles, lembra que "estivo máis parado que eu, entón tivo que facer certos traballos máis específicos para a condición física. Co que lle puxeron ao pobre na cara non se lle vai a romper, é máis fácil que lle rompan o outro pómulo que ese. A min non. A min se me dan un golpe onde tiven dúas fracturas o óso vólveseme a afundir. A máscara axúdame máis a min que a el. A Quiles véxoo ben. Espero e desexo que volva canto antes o equipo para el tamén volver atoparse a gusto, volver atopar a condición física porque é un xogador moi importante para nós e necesitámolo ao 100 % para o playoff".

Finalmente, envía Lucas Pérez "toda a sorte ao Racing de Ferrol. É un equipo galego, desexarlle o mellor e que teña toda a sorte. Nós non nos gañamos estar onde eles están. Eles gañáronllo e xa está. Toda a sorte do mundo e estou seguro que eles tamén nos desexarán toda a sorte no playoff. Oxalá nos vexamos en Segunda División, que é o que queremos; e despois que volva o CD Lugo tamén".