Lucía prolonga o seu contrato co Dépor ABANCA até xuño de 2024
Lucía Alba García (Ponferrada, León, 28 de setembro de 1999) ampliou o seu compromiso co Deportivo ABANCA por unha temporada máis, até o 30 de xuño de 2024.
A porteira berciana aterrou no Dépor ABANCA o pasado verán procedente do CDE Racing Féminas. Formada no CD Ponferrada (2014-2016) e o CD San Pío X valisoletano (2016-2017), ao comezo da campaña 2017-2018 incorporouse ao CD Parquesol, tamén da cidade do Pisuerga. No conxunto laranxa militou catro cursos, os dous últimos en Reto Iberdrola, competición na que acumulou 55 encontros nas 3 temporadas en que participou na mesma, a última co conxunto cántabro.
Lucía xogou 13 dos 18 partidos de Primera Federación FutFem no que vai de curso, todos como titular e completos, nos que só encaixou 7 tantos.