RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas conclúe mañá domingo ante Bélxica a Primera Fase do Campionato de Europa sub-17

-Foto:@rfef.es

 

Lucía Rivas (na foto na fila do medio a cuarta xogadora empezando pola esquerda) está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo da Fase Final do Campionato de Europa.

Co billete xa para as semifinais no peto, a canteirá branquiazul conclúe mañá ante Bélxica a Primera Fase.

O choque arrincará ás 15:30 no Klostergardens IP de Lund.

Ambas as seleccións víronse as caras anteriormente en 6 partidos, saldados con 6 triunfos españois; cun balance de 21 goles a favor de España e 0 en contra. 

España suma dous triunfos no que vai de competición, o luns 6 de maio ante Portugal (3-0) e o pasado xoves ante Polonia (1-0).

Lucía Rivas tivo minutos de xogo no encontro ante as portuguesas, ao substituír a Ainoa Gómez no minuto 82.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de maio
ESPAÑA 3 - PORTUGAL 0

Xoves 9 de maio
ESPAÑA 1 - POLONIA 0

Domingo 12 de maio
15:30: BÉLXICA - ESPAÑA, no Klostergardens IP en Lund

Lucia Rivas é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.