RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas e Paula Redruello 'Redru' participarán nuns novos adestramentos coa selección española sub-19

Lucia Rivas Moure (Caldas de Reis, Pontevedra, 23 de agosto de 2007) e Paula Redruello Fernández (21 de xaneiro de 2007, Oviedo) coñecida futbolísticamente como 'Redru'  están convocadas pola selección española sub-19 para uns adestramentos que terán lugar na localidade murciana de San Pedro del Pinatar do luns 16 ao mércores 18 de febreiro.

Así pois, ambas as futbolistas repiten citación, posto que xa se exercitaron con este combinado nacional o pasado mes de xaneiro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Estas novas xornadas de adestramento servirán para preparar a Rolda 2 de clasificación para a fase final do campionato de Europa da categoría de Bosnia e Herzegovina.

Os rivais das españolas nesa Rolda 2 serán Portugal, Irlanda del Norte e Hungría.

Lucía Rivas, ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17.

Debutou co primeiro equipo o 7 de xaneiro de 2024 no Dépor Training Center ante o CD Alba Fundación Femenino. Esta mesma temporada (2023-24), participou noutros 8 encontros co Deportivo ABANCA en Primera Federación Iberdrola.

Despois de superar unha lesión de xeonllo que a tivo varios meses á marxe do grupo, esta temporada Lucía Rivas suma 7 partidos en Liga F, 3 deles como titular, nos que anotou 1 gol.

No Dépor ABANCA B de Segunda Federación acumula 7 partidos, 5 deles como titular.

Pola súa banda, Paula Redruello 'Redru' participou esta temporada en Liga F en 12 partidos, 3 deles como titular.

No filial a xogadora asturiana leva 9 partidos, todos eles formando de inicio.