Luis César cambia o plan e dispón para hoxe xoves unha sesión no ximnasio
Luis César cambiou o plan previsto para hoxe xoves, a dous días de visitar ao Real Racing Club en El Sardinero este sábado 26 de outubro ás 18:00 horas (Movistar LaLiga 1), e dispuxo unha sesión de ximnasio no propio vestiario da Cidade Deportiva.
Así pois, os futbolistas branquiazuis realizaron por espazo dunha hora baixo teito un circuíto físico dirixido polo preparador físico Marcos Marcén e o readaptador, Fran Molano.
Só saltaron ao céspede de Abegondo os dous lesionados, Somma e David Simón, para continuar co seu adestramento específico.
Mañá venres, o equipo saltará ao céspede ás 11:00 horas en Abegondo. Ao finalizar, Luis César dará a lista de convocados que á primeira hora da tarde desprazaranse por estrada a Santander.