RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Máis traballo para o Dépor sete horas despois de chegar de Valladolid

Sete horas despois de baixarse do autocar procedente de Valladolid, o Deportivo pisou de novo o céspede de Abegondo para completar a sesión habitual post-partido.

Borja Jiménez dividiu ao seu cadro en tres grupos. Os titulares onte no Anexo do Estadio José Zorrilla realizaron tarefas de recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.

Para o resto, incluídos os canteiráns Noel, Yeremay e Alberto, a xornada foi de alta intensidade, con quecemento e fútbol en espazo reducido con porterías pequenas.

Víctor, Trilli e Rafa de Vicente estiveron con adestramento individualizado no ximnasio, supervisado polo readaptador Álex Canosa.

Mañá luns haberá xornada de descanso para o equipo. O Dépor arrancará a semana o martes 24 de maio ás 10:30 en Abegondo.

O vindeiro sábado 28 de maio, o cadro branquiazul pechará a liga en ABANCA-RIAZOR ante Unionistas de Salamanca CF, en partido que se xogará con horario unificado ás 18:30 horas (TVG-2, Footters e Fuchs Sports).