RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Mañá arrinca a segunda quenda do Dépor Campus de Abegondo cunha participación marca

Mañana luns arrinca a segunda quenda da décimo cuarta edición do Dépor Campus de Abegondo, que se desenvolverá ata o venres 10 de xullo na cidade deportiva branquiazul. Comezará cunha participación récord,

Novas rutas de autobuses para o Dépor Campus Abegondo 2015
A gran demanda que están a ter os Dépor Campus de Abegondo 2015 fai que o Real Club Deportivo amplíe as rutas e habilite novas paradas para atender as necesidades de todos os nenos que queren participar na actividade. Deste xeito, funcionarán dúas rutas para cubrir boa parte da cidade. Ambas arrincarán ás 09:00 horas, unha da Rúa de La Torre e a outra da Deportienda de Riazor.

Estas son as rutas de autobuses expostas para o Dépor Campus Abegondo 2015 que se desenvolverá en dúas quendas, a última semana de xuño e a primeira de xullo.

Ruta Dépor Campus 1:

Praza de España
Rúa  de La Torre
Parrote
Obelisco
Praza de ourense
A Palloza
Miradoiro dos Castros
Camilo José Cela, Bloque 30
Matogrande (Glorieta Juan Díaz Porlier)
Mesoiro (Gasolineira Cepsa)
...ruta ata Abegondo por Rolda do Real Club Deportivo.

 
Ruta Dépor Campus 2:
 
Estadio de Riazor (Deportienda)
Os Rosales (glorieta Manuel Azaña - Rolda de Outeiro)
Rolda de Outeiro (Bingo)
Rolda de Outeiro (Mercadona)
Rolda de Outeiro (Avenida Arteixo)
Rolda de Outeiro (Estación Tren)
Alfonso Molina (Paxarelas)
Alfonso Molina (Carrefour)
Alfonso Molina (Pasaxe)
Fonteculler
O Burgo (Paraugas)
... ruta ata Abegondo por AP9
 
Para máis información, ou para modificar a parada dos nenos xa inscritos: campusabegondo@canaldeportivo.com ou 981 259 500.
 
Aínda é posible inscribirse para participar no resto de Dépor Campus que se celebrarán este verán:

- II Dépor Campus Carballo (do 13 ao 17 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición

- I Dépor Campus Caranza (do 20 ao 24 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición

- I Dépor Campus Monforte (do 27 ao 31 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición

- I Dépor Campus Rianxo (do 27 ao 31 de xullo)
Descargar información e folla de inscriciónA través de deporcampus@canaldeportivo.com ou no 981 259 500 pódense coñecer máis detalles sobre os Dépor Campus 2015.

Víctor e o dianteiro Luís entregaron diplomas en Abegondo e Viveiro

O pasado venres, cunha emotiva cerimonia, celebrouse a entrega de diplomas a todos os nenos e nenas participantes na primeira edición do Dépor Campus de Viveiro e a primeira quenda do Dépor Campus Abegondo.

No campo principal da cidade deportiva branquiazul, e coa presenza nas bancadas de numerosos pais, o adestrador do primeiro equipo Víctor Sánchez, foi o protagonista cos 210 nenos participantes na primeira quenda do Dépor Campus Abegondo.

No campo de Cantarrana, o burelense Luís Fernández entregou os diplomas a todos os integrantes da primeira edición do Dépor Campus Viveiro. Estes nenos puideron gozar tamén da visita de Manuel Mosquera, ex futbolista do primeiro equipo e actual adestrador do Fabril.