RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Mañá martes saen á venda as entradas de público para o Deportivo-Sporting de Xixón

Mañana martes 20 de outubro saen á venda as entradas de público para o partido que disputarán o fin de semana do 31 de outubro ou o 1 de novembro en Riazor o Deportivo e o Sporting de Gijón.

Os prezos son os seguintes:

Tribuna Superior, Tribuna Inferior e Tribuna Dianteira: 60 euros
Preferencia Superior: 55 euros
Preferencia Superior Lateral: Enviadas na súa totalidade ao Sporting de Xixón
Preferencia Inferior e Preferencia Inferior Lateral: 35 euros
Maratón Superior: 45 euros
Maratón Inferior: 35 euros (só afeccionados do Deportivo)
Pavillón Superior: 40 euros
Pavillón Inferior: 35 euros
Júnior, en Pavillón Inferior: 20 euros

O horario da Oficina, sita na bancada de Preferencia (entrada aos Palcos VIP) é, de luns a venres, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas. Como é habitual, os socios do Deportivo non terán que pasar por despacho de billetes.

O Real Club Deportivo enviou hoxe luns 19 de outubro unha remesa de 3.000 entradas ao Sporting de Xixón, en virtude do acordo ao que chegaron ambas as entidades e que terá pois correspondencia co partido da segunda volta da liga no Molinón. Desas 3.000 localidades que saíron para Xixón, unhas 2.000 serán ao prezo de 35 euros. O resto será de prezos e categorías superiores.

No entanto, a estimación do Sporting de Xixón é que sexan finalmente uns 7.000 sportinguistas os que pasen o fin de semana na Coruña e provoquen unha choiva de ingresos para o comercio, a hostalaría e os hoteis da cidade da Coruña e de toda a provincia (Santiago, Ferrol, Guitiriz...)

O pasado mes de setembro, a Selección Española, que xogou grazas a unha petición expresa do Dépor e da Federación Galega de Fútbol, deixou na Coruña unha boa cantidade de ingresos económicos no seu partido ante Bélxica, que encheu o Estadio de Riazor. Este mes, de novo o Deportivo traerá moito diñeiro á cidade co Sporting de Xixón, tal e como sucedeu a tempada pasada.