
Mañá péchase o primeiro prazo para inscribirse no Dépor Campus de Abegondo
Últimos días para inscribirse no Dépor Campus de Abegondo 2015, que ten previsto iniciar a súa actividade a final de mes. Agora mesmo, o Club conta con ao redor de 200 ninñinscribir para a primeira semana (do 29 de xuño ao 3 de
Os nenos e nenas de entre 6 e 15 anos que participen neste Campus terán a gran oportunidade de compartir instalación cos futbolistas profesionais do primeiro equipo, xa realizando a pretemporada tamén en Abegondo.
Podes descargarche aquí as follas de información e inscrición:
- XIV Dépor Campus Abegondo (do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 ao 10 de xullo)
- XIV Dépor Campus Abegondo Porteiros (do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 ao 10 de xullo)
Novas rutas de autobuses para o Dépor Campus Abegondo 2015
A gran demanda que están a ter os Dépor Campus de Abegondo 2015 fai que o Real Club Deportivo amplíe as rutas e habilite novas paradas para atender as necesidades de todos os nenos que queren participar na actividade. Deste xeito, funcionarán dúas rutas para cubrir boa parte da cidade. Ambas arrincarán ás 09:00 horas, unha da Rúa de La Torre e a outra da Deportienda de Riazor.
Estas son as rutas de autobuses expostas para este Campus:
Ruta Dépor Campus 1:
Praza de España
Rúa de La Torre
Parrote
Praza de Ourense
A Palloza
Miradoiro dos Castros
Camilo José Cela, Bloque 30
Matogrande (Glorieta Juan Díaz Porlier)
Mesoiro (Gasolineira Cepsa)
...ruta ata Abegondo por Rolda do Real Club Deportivo.
Ruta Dépor Campus 2:
Estadio de Riazor (Deportienda)
Os Rosales (glorieta Manuel Azaña - Rolda de Outeiro)
Rolda de Outeiro (Bingo)
Rolda de Outeiro (Mercadona)
Rolda de Outeiro (Avenida Arteixo)
Rolda de Outeiro (Estación Tren)
Alfonso Molina (Paxarelas)
Alfonso Molina (Carrefour)
Alfonso Molina (Pasaxe)
Fonteculler
O Burgo (Paraugas)
... ruta ata Abegondo por AP9
Para máis información, ou para modificar a parada dos nenos xa inscritos: campusabegondo@canaldeportivo.com ou 981 259 500.
Máis de 700 nenos en toda Galicia
Máis de 700 nenos formalizaron xa a inscrición para participar nos Dépor Campus 2015, que este verán se estenderán durante todo o mes de xullo por varios puntos de Galicia. Así, ademais do Dépor Campus de Abegondo, que cumprirá xa catorce edicións, e do de Carballo, que celebrará a súa segunda; Viveiro, Caranza, Monforte ou Rianxo tamén acollerán actividades formativas e lúdicas baixos a coordinación e supervisión do Deportivo.
O XIV Dépor Campus de Abegondo abrirá cinco semanas intensas de actividades coas súas dúas quendas: do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 de xullo a 10 do mesmo mes. Paralelamente, esa primeira semana de xullo, os nenos da Mariña lucense poderán gozar do I Dépor Campus de Viveiro no campo de Cantarrana. As Eiroas acollerá do 13 ao 17 de xullo o II Dépor Campus de Carballo. Pola súa banda, o Municipal de Caranza será a sede do I Dépor Campus en terras ferrolás do 20 ao 24. Finalmente, os campos dos Escolapios de Monforte e Rianxo, neste caso en colaboración co CD Unión, acollen estas actividades entre o 27 e o 31 de xullo.
Este é o calendario dos Dépor Campus 2015 e as follas de información e inscrición de cada un deles:
- I Dépor Campus Viveiro (do 29 de xuño ao 3 de xullo)
- II Dépor Campus Carballo (do 13 ao 17 de xullo)
- I Dépor Campus Caranza (do 20 ao 24 de xullo)
- I Dépor Campus Monforte (do 27 ao 31 de xullo)
- I Dépor Campus Rianxo (do 27 ao 31 de xullo)
A través de deporcampus@canaldeportivo.com ou no 981 259 500 pódense coñecer máis detalles sobre os Dépor Campus 2015.