A reunión que tenian previsto manter esta noite Augusto César Lendoiro e o presidente do Flamengo, Edmundo Santos Silva, celebrarase finalmente mañá Xoves, debido a que este último non puido coller o avión que lle houbese traido hoxe.
Ambos os presidentes tratarán sobre o interese que ten o club brasileiro en Djalminha, nunha reunión solicitada polo propio xogador.