RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Manifestacións de Javier Irureta

Tras o interese demostrado por algúns medios, Javier Irureta quere deixar claro que cumprirá o contrato que o vincula ao Deportivo ata Xuño de 2003.

Con esta afirmación o técnico quere saír ao paso de diversas informacións que o sitúan como un dos posibles substitutos de Jose Antonio Camacho á fronte da selección española de fútbol.

O pasado 14 de Maio o Real Club Deportivo da Coruña e Javier Irureta asinaban o contrato de renovación do técnico por unha tempada máis.