RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
Xuvenil-A

Manuel Pablo asegura que partidos como o deste mércores de Copa en Mallorca decídense en detalles

Manuel Pablo albisca este mércores 14 ás 19:00 en Son Bibiloni nos cuartos de final da Copa del Rey ante o RCD Mallorca unha "eliminatoria igualada, cun rival que xoga moi ben asociativamente, que ten moita mobilidade, moita calidade de mediocampo para arriba. Vainos a esixir, como o día da UD Las Palmas, defender ben, apertar ben cando podamos apertar e aproveitar os nosos momentos".

Recalcou este mediodía en rolda de prensa en Abegondo que estes partidos "se deciden en detalles. Nós sobre todo a tentar non perder a esencia do que vés facendo e crer nesa idea. Eliminamos a equipos moi bos pero o ano pasado ante o UD Almería saímos coa nosa idea e por detalles perdemos a eliminatoria. É moi igualada esta competición e canto máis lonxe chegas, as forzas iguálanse aínda máis".

Non cre que o factor campo poida ser determinante porque "tentamos manter a mesma postura sempre, de apertar cando poidamos apertar, de ser un equipo agresivo nesa presión e cando poidamos ter balón buscar as ferramentas para facerlle dano ao contrario. Ás veces fóra de casa podes ter un pouco de dificultade pero son partidos igualados, onde haberá momentos de dificultade e tentámolos resolver sempre ben".

Asegura que os futbolistas branquiazuis, antes de viaxar mañá martes a Mallorca, están "animados, con ganas de que chegue o partido".

De feito, o técnico deportivista apunta que o triunfo in extremis do pasado sábado en liga ante o Coruxo FC por 1-0, con gol de Manu Ferreiro no minuto 89, "sempre dáche esa alegría. Encima como se deron os outros resultados, era unha oportunidade de volver achegarche. Ao ser a Copa unha competición especial non nos afectaría de ser un resultado negativo en liga. É verdade que antes da Copa nunca tivemos resultados negativos pero sempre despois da Copa custounos sacar os partidos".

Finalmente, Manuel Pablo ve agora en #ANOSACANTEIRA "unha continuidade e unha mocidade que parece que está a dar pasos máis rápido que xeracións de atrás. Mella, Kevin, Martín, Rubén son xuvenís aínda. Moitos xa debutaron. Yeremay o ano pasado. Ese paso de xuvenís que parecía que custaba antes estes anos parece que se pode dar máis rápido".