RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: Estou moi feliz de continuar no Dépor, que mo deu todo

Carta de Manuel Pablo ao confirmarse a súa continuidade no persoal do Deportivo 2015-16:

"Estou moi feliz de poder continuar un ano máis en Primeira División co Deportivo, un Club que mo deu todo.

En primeiro lugar quero agradecer ao Presidente e a todo o seu equipo de traballo a súa confianza; ao corpo técnico, que desde que chegou ao Dépor confiaron en min e quixeron tamén que seguise en activo; á afección, que me mostrou agarimo en todas as súas etapas e apoioume nestes últimos tempos; aos medios de comunicación, que sempre me respectaron; e finalmente aos meus compañeiros e a toda a xente de Abegondo (utilleros, médicos, fisioterapeutas, recuperadores, a José Ángel Franganillo...), que son os que comparten o día a día comigo, e aínda que a miña situación este ano foi complicada eles sempre me animaron a que continuase.

Espero gozar este ano cunha boa tempada e que as emocións poidan ser por cousas boas.

Forza Dépor"