RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo: "Hai moita igualdade e un partido igual ponche preto ou por diante, ou máis arriba ou máis abaixo"

Manuel Pablo lembrou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "levamos varios partidos sen coñecer a vitoria, pero é tamén o que vemos na categoría. Hai moita igualdade e un partido igual ponche preto ou por diante, ou máis arriba ou máis abaixo".

Así pois, asegura que o seu equipo afronta a visita deste domingo 26 de xaneiro ás 12:00 (TVG-2) á SD Compostela no Estadio Vero Boquete "coa dificultade de saber que eles tamén teñen unha xeira bastante negativa e queren cambiala".

Dos santiagueses resalta que "se está Manu Barreiro condiciónalles moito a ese fútbol directo. Teñen xogo por banda e moita presenza en área". 

Así pois, pide "tentar afastar o máis posible a Manu Barreiro da nosa área porque aí pode ser determinante e tentar esa segunda xogada, ese fútbol directo que poden empregar en momentos determinados".

Finalmente admite que "as cousas coas vitorias flúen máis, pero dentro de todo iso ás veces consegues vitorias tampouco sen facer as cousas ben e fixámonos sempre na idea. Loxicamente coas vitorias estás un pouco máis tranquilo, pero aínda que estivésemos a gañar sempre hai cousas que corrixir e cousas que mellorar".

Neste sentido subliña que "seguimos a liña de tentar mellorar situacións que nos está faltando: ser preto da área máis determinante, que eu creo que é o que máis nos está custando e a partir desas situacións tentar chegar coas túas ideas cara á vitoria".