Carlos Marchena, que foi baixa en Zaragoza por mor dunhas molestias no nocello dereito, exercitouse con total normalidade durante toda a sesión.
Lux rebaixou a intensidade do seu adestramento debido a unha contusión no ombreiro sufrida na Romareda, por unha agresión do zaragocista César Arzo que mereceu vermella directa e que o colexiado do encontro non viu.
O único futbolista de baixa médica, Toché, estivo cos fisioterapeutas.
Mañá mércores, Fernando Vázquez modificou o plan de adestramentos previsto para esta semana. A sesión será de novo pola tarde, ás 17.30 horas, en Abegondo.