As deportivistas Marina Artero (na foto na fila do medio a segunda xogadora empezando pola esquerda) e Olaya (na foto na fila do medio a terceira xogadora empezando pola dereita) enfróntanse mañá mércores 11 de setembro a Canadá nos oitavos de final do Mundial sub-20 de Colombia.
O encontro arrincará ás 23:30 (hora galega) no Estadio Olímpico Pascual Guerrero de Cali.
Na Primera Fase, as canadenses empataron con Francia, golearon a Fiji (0-9) e caeron con Brasil (0-2). Accederon a esta fase final como terceiras do grupo B.
Coa clasificación no peto, as deportivistas Marina Artero e Olaya finalizaron o pasado domingo 8 con vitoria ante Marrocos (2-0) a Primera Fase.
A central branquiazul foi titular mentres que Olaya seguiu o choque desde o banco.
O xoves 5, a selección española selou o pase ao gañar (2-0) a Paraguai na 2ª xornada coa participación de ambas as deportivistas.
Olaya saíu no once inicial e foi substituída no minuto 45 por Erika González a consecuencia dunhas molestias musculares.
Pola súa banda, Marina Artero saltou ao campo no minuto 56 en substitución de Maite Zubieta.
No debut ante Estados Unidos o 1 de setembro, un gol de Olaya no minuto 8, a pase de Lucía Corrales, deu o triunfo (1-0) ao combinado nacional.
Nesta ocasión, Marina Artero seguiu o encontro desde o banco.
O calendario das dúas futbolistas branquiazuis, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase Domingo 1 de setembro ESPAÑA 1 - ESTADOS UNIDOS 0
Xoves 5 de setembro ESPAÑA 2 - PARAGUAI 0
Domingo 8 de setembro MARROCOS 0 - ESPAÑA 2
Oitavos de final Mércores 11 de setembro 23:30: ESPAÑA - CANADÁ no Estadio Olímpico Pascual Guerrero de Cali