RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Marineda City acollerá unha nova Deportienda

- Foto: Iratxe Vieites - As instalacións de Marineda City, novo partner do Deportivo, acollerán unha Deportienda que ten prevista a súa apertura de portas para o próximo mes de agosto. O acordo entre ambas as partes asinárono nas &uacu

Tino Fernández comentou que “esta é unha aposta moi importante para o Club, xa que a venda de produtos oficiais ten que converterse nunha gran fonte de ingresos. E que mellor lugar para situar os produtos do Dépor que un dos puntos de atracción máis importantes do noroeste como é Marineda City. Estou seguro que será unha relación moi exitosa entre dúas das marcas que máis movemento xeran na cidade”.

Pola súa banda José Souto Meizoso asegurou que “a localización da Deportienda en Marineda City axudará a promocionar a imaxe do equipo tanto en Galicia como fóra da comunidade, xa que o complexo recibe visitantes de todas partes de España e tamén doutros países, posto que se converteu, ademais dun referente comercial e de lecer, nun polo de atracción turística”.

A segunda tenda oficial do Dépor, que terá 108 metros cadrados, situarase na planta baixa de Marineda City e ofrecerá aos afeccionados todos os equipamentos de xogo e adestramento, así como todo tipo de merchandising, ademais de contar cunha programación de actividades ao longo de ano na que os xogadores do Dépor serán os protagonistas, con firmas de camisetas e autógrafos, presentacións, charlas ou exposicións.

Estas son só parte das accións que se van a desenvolver grazas ao acordo asinado, unha liña de colaboración que permitirá tanto aos socios e afeccionados do Dépor, como aos clientes de Marineda City, aproveitarse de multitude de accións e promocións conxuntas.