RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Marisa García conclúe a concentración con España sub-20 marcando un gol ante Países Baixos

-Foto:@rfef.es

 

Marisa García estivo concentrada coa selección española sub-20 na localidade alacantina de Alfaz del Pi.

Durante este período disputou 3 encontros amigables co combinado nacional.

O último deles foi este venres 6 de marzo ante Países Baixos.

Gañaron as españolas por 6-0 e a dianteira deportivista anotou un novo gol, esta vez no minuto 90.

Marisa García saltou ao céspede no minuto 63 en substitución de Celia Segura.

O segundo dos amigables para a futbolista branquiazul foi o pasado martes 3 de marzo ante México.

A dianteira do Dépor ABANCA xogou a segunda metade ao substituír a Iria Santiago.

O choque acabou noutra goleada (5-1) española.

O primeiro partido do torneo xogouse o pasado sábado 28 de febreiro ante Inglaterra.

Nesta ocasión Marisa foi titular e tardou tan só 3 minutos en marcar o primeiro gol do partido, ao aproveitar un balón solto na área pequena inglesa.

Foi relevada por Elene Gurtubay no descanso.

Venceu España por 3-1 nun resultado de moito mérito ante un rival moi potente.

Os resultados de Marisa coa selección española sub-20 foron os seguintes:

Sábado 28 de febreiro
ESPAÑA 3 - INGLATERRA 1

Martes 3 de marzo
ESPAÑA 5 - MÉXICO 1

Venres 6 de marzo
ESPAÑA 6 - PAÍSES BAIXOS 0

Marisa, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva 17 partidos, 6 deles como titular; e anotou 1 gol.