RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Marrocos confirma a presenza de Fayçal en eliminatorias clasificatorias para a Copa de África

  A Selección Marroquí de Fútbol comunicó ao RC Deportivo a convocatoria definitiva de Fayçao Fajr para dous partidos clasificatorios para a Copa de África 2017, o venres 27 de maio Marrocos recibe ao Con

O atacante deportivista incorporarase á concentración a partir do próximo domingo 22 de maio.
 
Celso Borges, xa con Costa Rica
 
Pola súa banda, Celso Borges foi convocado pola Selección de Costa Rica para unha concentración de preparación da Copa América Centenario 2016.
 
O futbolista branquiazul incorpórase hoxe mércores 18 de maio á devandita concentración. Durante esta etapa, que se prolongará ata o 30 de maio, está previsto un partido amigable, ante Venezuela en Costa Rica o venres 27 de maio.
 
A Copa América Centenario 2016 xogarase en Estados Unidos durante o mes de xuño.
 
O calendario de Costa Rica na Primeira Fase é o seguinte:
 
Sábado 4 de xuño
COSTA RICA - PARAGUAI, en Orlando
 
Martes 7 de xuño
ESTADOS UNIDOS - COSTA RICA, en Chicago
 
Sábado 11 de xuño
COLOMBIA - COSTA RICA, en Houston
 
Os dous primeiros clasificados accederán a cuartos de final, do 16 ao 18 de xuño. As semifinais xogaranse o 21 e 22. O 25 de xuño está previsto o partido polo terceiro e cuarto posto; mentres que a final celebrarase o 26 de xuño en Nova York.