RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Mauro Valeiro, citado pola selección española sub-15 para dous amigables ante Suíza

Mauro Valeiro Méndez (1 de setembro de 2009, A Coruña), futbolista do San Tirso SD Cadete, está citado pola selección española sub-15 para dous partidos amigables ante Suíza esta semana.

O canteirán deportivista incorporarase á disciplina do equipo nacional hoxe domingo 2 de xuño en Madrid para, mañá luns, desprazarse a Zurich.

O calendario de partidos da selección española é o seguinte:

Martes 4 de xuño
18:00: SUÍZA - ESPAÑA, no Sportzentrum Heerenschürli de Zurich

Xoves 6 de xuño
14:00: SUÍZA - ESPAÑA, no Sportzentrum Heerenschürli de Zurich

O centrocampista do San Tirso SD Cadete xogou esta temporada 32 partidos na División de Honra, deles 28 como titular; e anotou 6 goles. O seu equipo logrou o obxectivo da permanencia varias semanas antes de concluír a liga.

Mauro Valeiro únese á lista de membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Mustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstolo con Venezuela.