RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Mauro Valeiro e Samba Wade, citados para uns adestramentos coa selección española sub-17 este mes de agosto

Mauro Valeiro Méndez (A Coruña, 1 de setembro de 2009) e Samba Wade Mahía (A Coruña, 14 de abril de 2009) foron citados pola selección española sub-17 para uns adestramentos que terán lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi do luns 25 ao xoves 28 de agosto.

O primeiro xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16; mentres que para Samba Wade é a súa primeira convocatoria internacional.

Mauro Valeiro, que actúa de centrocampista, chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18.

Pola súa banda, Samba Wade, que xoga de central ou mediocentro, pertence ás categorías inferiores branquiazuis desde o Infantil A. 

Ambos, no seu primeiro ano de xuvenís, fixeron esta pretemporada co Xuvenil A de División de Honra.

Estes dous futbolistas pasan a ingresar unha longa lista de internacionais como Nico Balbás, convocado por Honduras para o Mundial sub-17 de Qatar, Nikolay Georgiev, Antón Vilariño, Raúl Lema, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande ou Lucía Rivas.