RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Mauro Valeiro e Samba Wade xa están concentrados coa selección española sub-17 en Alfaz del Pi

Mauro Valeiro e Samba Wade (na foto da noticia) xa están concentrados coa selección española sub-17 nuns adestramentos que teñen lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi.

Estas sesións de traballo prolongaranse até este xoves 28 de agosto.

O primeiro xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16; mentres que para Samba Wade é a súa primeira convocatoria internacional.

Mauro Valeiro, que actúa de centrocampista, chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18.

Pola súa banda, Samba Wade, que xoga de central ou mediocentro, pertence ás categorías inferiores branquiazuis desde o Infantil A. 

Ambos, no seu primeiro ano de xuvenís, están facendo a pretemporada co Xuvenil A de División de Honra.

Estes dous futbolistas pasan a ingresar unha longa lista de internacionais en ANOSACANTEIRA como Nico Balbás, convocado por Honduras para o Mundial sub-17 de Qatar, Nikolay Georgiev, Antón Vilariño, Raúl Lema, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande ou Lucía Rivas.